Accidente de motos en Lobios

IMG-20190907-WA0031
Accidente de motos en Lobios
Dúas persoas foron evacuadas

Ás 12:40 horas de hoxe, na estrada OU-540 (Ourense - fronteira portuguesa), á altura do P.Km. 67 pertencente ao termo municipal de Lobios, produciuse unha colisión frontolateral entre 3 motocicletas, cando unha delas realizaba un cambio de sentido en plena curva chocando as outras 2 contra esta, resultando 1 ferido grave, 2 leves e 1 ileso.

Accidente motos

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia dos feitos ás 12:45 horas, ao recibir a chamada de varios particulares, que solicitaban axuda para dous motoristas feridos.

Debido á gravidade das lesións, un deles foi evacuado polo persoal sanitario na aeronave con base en Ourense, e o outro puido ser trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.