lunes. 25.09.2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe en San Caetano coa alcaldesa da localidade ourensá de Lobios, María Carmen Yáñez.

Na xuntanza acordouse reforzar a colaboración institucional entre a Xunta e o Concello en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. Así, intensificarase a cooperación para mellorar as infraestruturas e camiños nos montes do municipio, co fin de facilitar a mobilidade dos medios anti incendios tanto para tarefas preventivas como, chegado o caso, de extinción de lumes. Ademais, barállanse diferentes alternativas para mellorar as infraestruturas ao servizo do persoal da Xunta que traballa nestes labores dentro do termo municipal.