martes 19/10/21

A aldea de Puxedo prepárase para a Festa da Malla

malla2

     A veciñanza de Puxedo, no concello de Lobios, ultima os preparativos para a Festa da Malla que van celebrar esta fin de semana e que organiza o colectivo Xóvenes do Xurés. 

O festexo dará comezo o sábado día 13 con xogos populares polo día. Coa chegada da noite, Quico Cadaval procederá coa representación de contos populares, actividade enmarcada na Noite de Fiadeiro de Contos. 

malla1

O domingo será o gran día coa representación da malla tradicional do centeo na Eira da Carballa que foi rehabilitada polos veciños e veciñas de Puxedo. Os asistentes poderán apreciar de primeira man as diferentes técnicas, dende a que se fai a man ata a malla que se realiza coa maquinaria a motor.

Tamén haberá un recuncho dedicado ós instrumentos da música tradicional galega. Pablo Carpintero, recoñecido artesán galego, vai ser o encargado de dar un taller de instrumentos musicais. 

A festa rematará coa actuación dunha charanga.


 

Comentarios