Aparece en Lobios o corpo sen vida dunha moza de 21 anos

lindoso
Aparece en Lobios o corpo sen vida dunha moza de 21 anos

A muller residía na localidade de Grou (Muíños).

O pasado sábado día 10 uns viandantes atopáronse co corpo sen vida dunha moza de 21 anos flotando nun río do municipio de Lobios. Segundo informou o 112 Galicia, os alertantes atoparon as pertenzas da rapaza á beira do río, momento tralo que avistaron o cadáver ao lonxe. Foi nese momento –arredor das 12:20 horas da mañá– cando chamaron ás urxencias do 112.

Os feitos ocorreron moi preto dun lugar coñecido como Ponche da Malleta. O persoal que acudiu ao lugar do Centro de Atención ás Emerxencias informou enseguida a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao GES de Lobios (que rescataron o corpo inerte da muller). Tamén se alertou á Policía Autonómica e á Garda Civil.

Os servizos de rescate confirmaron que se trata dunha muller residente na localidade de Grou, en Muíños, e que se precipitou ao embalse de Lindoso dende a ponte.