Unha asociación ecoloxista pide que se prohiban as visitas ao parque natural da Baixa Limia

xures
Unha asociación ecoloxista pide que se prohiban as visitas ao parque natural da Baixa Limia

Solicitan que se prohiba o acceso de visitas ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés para garantir a supervivencia "do que queda sen queimar".

A asociación ecoloxista Arco Iris solicitou onte que se prohiba o acceso de visitas ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés para garantir a supervivencia "do que queda sen queimar".

Consideran necesario tamén que se restrinxan os horarios de movemento de quen habita nos núcleos do parque.

Tras os múltiples incendios forestais que aínda afectan á zona, esta entidade explica, a través dun comunicado, que son necesarias "medidas excepcionais" para evitar a presenza de "criminais incendiarios".

"A Xunta de Galicia debe adoptar máis pronto que tarde decisións que prohiban o acceso de calquera visitante a este parque ata que se normalicen as condicións meteorolóxicas e se elimine o risco de incendios forestais provocados", explican os da asociación.

Consideran necesario que se restrinxan os horarios de movemento de quen habita nos núcleos do parque ou da súa periferia para poder controlar "calquera presenza humana sen identificar na contorna do espazo protexido".