DÍAZ MOUTEIRA VISITOU A FEIRA CIENTÍFICA INFANTIL PROMOVIDA POLO ALUMNADO DO CEIP DO XURÉS, NO CONCELLO DE LOBIOS

140619 feira cientifica lobios 1
DÍAZ MOUTEIRA VISITOU A FEIRA CIENTÍFICA INFANTIL PROMOVIDA POLO ALUMNADO DO CEIP DO XURÉS, NO CONCELLO DE LOBIOS

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou na inauguración desta mostra na que se amosan experimentos relacionados coa localización, flora, fauna, clima e xeoloxía do parque natural do Xurés

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe no acto de inauguración da I Feira de Ciencias no Xurés, que amosa os experimentos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria do CEIP do Xurés, no concello ourensán de Lobios. Esta actividade é unha feira científica guiada para coñecer os 5 stands do proxecto Xurés Nature do Club das Ciencias desenvolto neste centro durante este curso académico.

140619 feira cientificalobios3As investigacións do alumnado están relacionadas coa localización, clima, auga, flora, fauna e xeoloxía do Parque natural do Xurés. A actividade contou coa participación dos colexios de Entrimo e Padrenda, que achegaron tamén traballos científicos a esta feira, e tamén do centro de Bande, que asistiu como visitante.

Durante o acto Marisol Díaz, que estivo acompañada da xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Luz Fernández Quintas, destacou a importancia de “cultivar entre os escolares a creatividade e a orixinalidade” contribuíndo a espertar vocacións científicas entre os máis pequenos. A delegada territorial percorreu os oito postos da mostra e coñeceu de preto os traballos que desenvolveron os escolares.

A delegada territorial agradeceu o seu apoio aos profesores e familias dos nenos participantes nesta iniciativa que contribúe a “espertar entre o alumnado vocacións científicas ao tempo que xogan”.

140619 feira cientifica lobios2140619 feira cientifica Lobios1