Unha gota de auga de 14 metros preside a entrada a Expourense dende a Baixa Limia

gota
Unha gota de auga de 14 metros preside a entrada a Expourense dende a Baixa Limia

Antonio Monteiro é o escultor que a creou

Esta fin de semana rematou a Feira Internacional do Tursimo Termal, que se celebrou en Expourense, coa auga como protagonista e co escultor Antonio Monteiro como figura destacada. O artista de Ganceiros (Lobios) é o creador da escultura de 14 metros de largo, con forma de gota de auga, que preside a entrada ó recinto feiral. A intención coa que se creou esta obra é resaltar a importancia da auga como un elemento sen o cal non podemos vivir. O escultor quere que a xente mire a súa escultura e se percate de que " hai que respetar a auga e coidala pois sen ela non somos nadie, sen ela non existimos e hai que sensibilizar á sociedade", resalta Monteiro.

A xigantesca gota de auga está feita con aceiros e fibras de vidro e carbono. No seu interior contén varillas que lle dan esa apariencia.

A maiores o escultor de Ganceiros creou unha escultura exclusiva para a entrega dos premios "Ouro Azul". Os galardóns entregáronse en Termatalia da man da asociación "Bosque Máxico" na que Antonio Monteiro é director do proxecto de dinamización e preservación, a raíz do cal se premian ás persoas que estudan e coidan a auga.

Todo este labor do escultor é para concienciar a xente de que a auga é un tesouro e así debemos tratala, como resalta Monteiro "a auga como a terra, non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos".