Investimento de 300.000 € no proxecto “Raia Termal” no concello de Lobios

IMG_2512
Investimento de 300.000 € no proxecto “Raia Termal” no concello de Lobios

Cofinanciado entre a CHMS e o Concello

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e a alcaldesa de Lobios, Maria del Carmen Yañez, rubricaron o convenio de colaboración que posibilita as obras que a CHMS vai realizar no municipio de Lobios (Ourense), dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) “RAIA TERMAL”.

O devandito Convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e o réxime da posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións contempladas no proxecto, construción dun azud e unha pasarela unha ciclovía e obras de saneamento. O investimento total necesario para o conxunto de actuacións estímase superior a 300.000 €, que será asumida na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o 75 % a través de fondos POCTEP e o 25 % restante, con fondos propios deste Organismo