Lobios contará cunha residencia de maiores co apoio da Xunta

13,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro de traballo coa alcaldesa de Lobios (Ourense), María del Carmen Yáñez Salgado. No despacho do conselleiro. foto xoán crespo 28/07/16
Lobios contará cunha residencia de maiores co apoio da Xunta

A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para presentarlle á Xunta o proxecto da residencia de maiores. O encontro saldouse co apoio da consellería para a construción do edificio.

Ambos mandatarios resaltaron a importancia de sacar adiante políticas destinadas a maiores e á infancia. Nesta liña o Concello de Lobios tamén lle socilitou á Xunta o recurso das novas Casas-Niño orientadas a atender as necesidades de conciliación familiar.

A rexedora e o conselleiro salientaron que sería preciso un incremento de 2.700 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar neste 2016 co fin de dar cobertura á totalidade de poboación que o precisa.