Lobios podería contar cunha residencia de verán para gardas civís e familias

Visita do subdelegado a Lobios
Lobios podería contar cunha residencia de verán para gardas civís e familias
O subdelegado do Goberno visitou o acuartelamento onde o Goberno prevé rehabilitar un dos pavillóns cun investimento de 400.000 euros

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González avanza que o Ministerio do Interior contempla situar en Lobios unha residencia de verán para gardas civís e as súas familias. Emilio González visitou o acuartelamento desta localidade acompañado polo xefe da Comandancia da Garda Civil na provincia, Rafael Pinel, con quen analizou e valorado este proxecto, que requiriría un investimento de 400.000 euros.

visita_lobios
visita_lobios

Emilio González detallou que esta residencia situaríase nun dos pavillóns do acuartelamento, onde se habilitarían 7 apartamentos para o uso de gardas civís e das súas familias en períodos vacacionais. E explicou que a arquitecta responsable da Dirección Xeral da Garda Civil xa estivo nas instalacións para comprobar o estado do inmoble. O acondicionamento contempla que un dos apartamentos estea adaptado para persoas con dificultades de mobilidade. O subdelegado lembrou que Lobios ten todas as condicións para albergar este tipo de servizos, xa que ofrece moitos e variados recursos naturais e turísticos, aos que se unen a súa situación, na área de influencia de Portugal. Tamén precisou que estes proxectos repercuten positivamente nas economías locais e na proxección turística de concellos como o de Lobios, polo que reiterou que fará un seguimento do proxecto para que poida ser unha realidade canto antes.