Manuel Baltar visita infraestruturas viarias, termais e empresariais nos concellos de Lobeira, Lobios e Pontedeva

47
Manuel Baltar visita infraestruturas viarias, termais e empresariais nos concellos de Lobeira, Lobios e Pontedeva

As obras, realizadas coa cooperación da Deputación de Ourense nestes municipios da Baixa Limia e Terras de Celanova \“supoñen melloras no servizos para os veciños e contribúen á promoción turística\”, afirmou o presidente do goberno provincial

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe diferentes infraestruturas viarias, termais e empresariais dos municipios de Lobeira, Lobios e Pontedeva, percorrendo cos alcaldes e membros dos respectivos equipos de gobernos locais as obras realizadas coa cooperación da Deputación de Ourense. \“Estas iniciativas supoñen, nuns casos, melloras nos servizos viarios e de abastecemento de auga, e noutros, contribúen á promoción turística e tamén a potenciar a economía destas contornas da Baixa Limia e de Terra de Celanova\”, valorou Baltar.

46A primeira das visitas tivo lugar ao Concello de Lobeira, onde Manuel Baltar se reuniu co alcalde do municipio, Antonio Iglesias, e co equipo de goberno local na Casa Consistorial para, de seguido, visitar as obras realizadas na localidade da Fraga e na estrada OU-1263, nas que a Deputación de Ourense investiu un total de 60.000 euros para a mellora de servizos básicos e acondicionamento do firme. Asemade, o presidente provincial achegouse ata as instalacións da \“Porta de Lobeira\”, edificio onde visitou o Centro de Interpretación da Etnografía do Parque Natural da Baixa Limia–Serra do Xurés.

Posteriormente, no Concello de Lobios Manuel Baltar reuniuse coa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, e visitou os terreos onde se construirá a futura residencia de maiores de Lobios, e percorreu tamén a zona termal, na que se prevé acondicionar os exteriores do balneario con piscinas ao aire libre para aproveitar as altas temperaturas que ofrecen as augas termais do municipio. Baltar e Yáñez concordaron en que estas iniciativas contribúen, por unha banda, a mellorar a prestación de servizos aos cidadáns e fixar poboación e, en canto ás infraestruturas termais, situar a Lobios como un referente do termalismo.

A rolda de visitas polos concellos da provincia rematou en Pontedeva, onde Manuel Baltar mantivo un encontro cos empresarios do Polígono Industrial de Trado, acompañado polo alcalde, Juan Carlos González, con que analizou temas de interese para o municipio en materia de infraestruturas, rede viaria e proxectos de desenvolvemento económico local.