Medio Ambiente colaborará co concello de Lobios nun paquete de medidas para acondicionar o Parque Natural do Xurés

parque xurés
Medio Ambiente colaborará co concello de Lobios nun paquete de medidas para acondicionar o Parque Natural do Xurés
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia coa rexedora municipal

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta tarde o apoio e colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao Concello de Lobios para mellorar o estado actual e as dotacións do Parque Natural do Xurés. Así llo trasladou á alcaldesa deste concellos da provincia de Ourense, María del Carmen Yáñez, coa que mantivo unha reunión por videoconferencia, para coñecer demandas deste municipio en materia de conservación.

Ángeles Vázquez coñeceu un paquete de melloras que pretende executar o Concello de Lobios para mellorar as sendas, equipamentos e entradas deste parque natural da provincia de Ourense. Nese sentido, a conselleira brindoulle a colaboración e o asesoramento necesario para que o concello acceda aos distintos programas, liñas de incentivos ou vías de colaboración que permitan executar de xeito ordenado e prioritario as distintas actuacións propostas desde a Administración local.

                               Vázquez e Yañez abordaron unha iniciativa para o acondicionamento dunha senda existente e próxima ao balneario, co fin de eliminar posible barreiras arquitectónicas e adaptalo a persoas con diversidade funcional, co obxectivo de abrir e facilitar o acceso a esta zona do concellos a todos os veciños e visitantes.
Outro dos proxecto que se inclúen neste paquete de medidas para revitalizar o Parque Natural do Xurés é a mellora dunha das entradas de acceso desde Lobios, a coñecida como Portela do Home; así como seguir mantendo en bo estado de conservación as distintas rutas e sendeiros actuais do parque. Ángeles Vázquez salientou que este tipo de iniciativa teñen un dobre obxectivo, pois non ademais de traballar a prol da súa conservación, se fomenta un turismo ligado á natureza e unha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente.

Unha última actuación deste plan de posta en valor, propostos desde o Concello de Lobios, é a mellora da contorna da Ponte de Vilaméa, co obxectivo de conservar e evitar o deterioro das infraestruturas presentes neste concello.

Rehabilitación de vivendas

Outro dos puntos de interese, abordados na reunión, foi as liñas de axudas á rehabilitación. A conselleira recordou que a seu departamento ten varias accións de rehabilitación e para as administracións locais, concretamente, o programa de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal, que está dirixido a facilitar aos concellos a creación dun parque público de vivenda municipal para alugueiro, ao tempo que fomenta a rehabilitación de vivendas xa existentes. Recordou que desde a súa posta en marcha, no ano 2017, se facilitou a rehabilitación de 125 vivendas ao abeiro deste programa.