25 de febrero de 2019, 20:38
Núcleos Rurais da Vila e Bubaces, en Lobios
O convenio para a mellora dos espazos públicos municipais en Lobios, dotado dun importe de case 40.000 euros, actuará nas prazas que se ubican nos núcleos rurais de A Vila e Bubaces.
En ambos casos, será necesario demoler o pavimento actual para posteriormente proceder coa súa reforma, e no caso de Bubaces tamén se procederá á reposición da rede de saneamento de augas pluviais.