En Puxedo (Lobios) revivirán a Malla

359
En Puxedo (Lobios) revivirán a Malla

O 14 de agosto

A Asociación Iniciativa xove organiza o próximo día 18 en Puxedo do concello de Lobios unha xornada para \“por en valor\” os \“soutos\” que están abandonados na zona do Xures a vez que pretenden fomentar novas plantacións como unha alternativa económica para os xoves do rural.

A xornada comezará ás 10:30 coa presentación por parte da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia sobre os tratamentos silvícolas do castiñeiro no centro social de Puxedo.

A continuación intervirá o xerente da empresa Castañas Petelo, que xurdiu dunha iniciativa de dous mozos de Allariz que se dedican a transformación da castaña. Rematará a xornada de mañá cun taller –degustación sobre a castaña na gastronomía galega.

Mon Devane reputado grafíteiro ourensá levará a cabo un taller de graffiti a partir das 16:00.

As 17 será a apertura oficial da Feira de Artesanía e Mostra degustación de produtos locais na praza de San Antonio.

REPRESENTACIÓN DA MALLA

360

Na céntrica aira da Carballa farán a representación da malla con mallos e máquina para unha vez rematado o traballo compartir unha cea con produtos típicos da zona.

A festa continuará pola noite coa animación musical a cargo do grupo folk TRESMAISUN e o narrador Celso F. Sanmartín.