As labores de rescate do cadáver do deportista que faleceu esta fin de semana en Lobios, tiveron que suspenderse na xornada do luns por mor do caudal do río. O corpo está encaixado entre as pedras e iso xunto co desnivel da fervenza e as fortes correntes de auga están a retrasar o operativo de emerxencia.
Os feitos sucederon o sábado cando un mozo de orixe portuguesa practicaba descenso en barranco xunto con outros amigos na Corga da Fecha. Por feitos que se descoñecen, o deportista quedou atrapado nunha greta da fervenza. Foron os seus propios acompañantes os que alertaron ós servizos de emerxencia que tras localizar o cadáver comezaron coa operación de rescate.
Durante a mañá do martes os efectivos que participan na operación poranse á fronte do operativo para recuperar o corpo do mozo e practicarlle a autopsia. No lugar do suceso traballan os GES e membros de Protección Civil de Lobios xunto con axentes especializados da Garda Civil de montes.
Entre tanto os familiares do falecido permancen aloxados no balneario de Lobios e reciben atención psicolóxica.