A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada ou-161, nos concellos de lobios e de Lobeira

inicio obras OU-161
A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada ou-161, nos concellos de lobios e de Lobeira

Os traballos, por importe de preto de 90.000 euros, levaranse a cabo no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+000 e 5+500

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada OU-161, nos Concellos de Lobios e Lobeira.

Estas actuacións, por importe de preto de 90.000 euros, levaranse a cabo no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+000 e 5+500.

Os traballos consisten no acondicionamento da capa de rodadura, para o que se acometerán regas asfálticas. De xeito previo, nos puntos nos que sexa necesario, executarase unha regularización do firme para rematar toda a superficie mediante un dobre tratamento de regas asfálticas.

A intervención ten como obxectivos a conservación e o mantemento das estradas en óptimas condicións, así como o incremento de seguridade viaria.