Nova edición do Campamento Explora Ourense en Muíños

Paulo Vázquez, Manuel Baltar e Plácido Álvarez
Nova edición do Campamento Explora Ourense en Muíños
O Complexo do Corgo, en Muíños, acolle este campamento xuvenil, organizado pola Deputación coa colaboración do Concello e da asociación Sustinea

En agosto comeza o Campamento Explora Ourense - Campamento da Ourensanía. Este terá lugar no complexo do Corgo, en Muíños. esta iniciativa está organizada polo Concello de Muíños a asociación Sustinea e a Deputación.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou o campamento acompañado polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e Paulo Vázquez, de Sustinea.

“é de importancia que a mocidade desfrute destes campamentos, coñezan polo miúdo un dos lugares máis importantes da provincia, á vez que enriquecen esta estadía co inglés e o resto de actividades, nunha completa oferta para un momento de lecer moi necesario para os novos da casa”

Ademais, Plácido Álvarez, destacou a importancia de impulsar este tipo de actividades, como os campamentos para os rapaces ou o programa Xurés Experience, para a dinamización de Muíños e de toda a comarca. “A altísima participación que teremos en tódolos campamentos deste verán amosan o éxito desta aposta. Estamos moi orgullosos de recibir a tantos rapaces nas próximas semanas”, analizou Álvarez, antes de agradecer o apoio da Deputación “para que conte con Muíños para facer provincia”.

Dúas quendas.

O Campamento Explora Ourense - Campamento da Ourensanía ofrecerá dúas quendas: do 1 ó 6 de agosto para nenos de entre 9 e 11 anos -20 prazas- e do 7 ó 12 de agosto para nenos de 12 a 14 anos -20 prazas-.

Coma novidade, nesta edición incorpóranse actividades en inglés, que permitirán avanzar no coñecemento deste idioma dun xeito lúdico. Ademais, manteranse actividades coma o kaiak, o sendeirismo, vivaque, xogos

A matrícula individual é de 85 euros. Para solicitar a participación, o prazo estará aberto dende o 4 de xullo ata o día 13 e as inscricións poderán realizarse a través da folla de solicitude que se habilitará o efecto na web da Deputación (www.depourense.gal) ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel no número 988 317 895.