Un camión de desbroces precipitouse ao embalse das Conchas

embalse as conchas
Un camión de desbroces precipitouse ao embalse das Conchas
Hoxe en Barxés, Muíños, por unha pista forestal preto do mirador, é onde se precipitou este vehículo.

Hoxe en Barxés, Muíños, un camión habilitado para realizar desbroces precipitouse ao embalse das Conchas.

Concretamente nunha pista forestal onde esta o mirador, avanzando por ela uns 800m é onde se precipitou este vehículo.

O condutor do vehículo está ben, saíu polo seu propio pé. Foi antendido por efectivos de Urxencias Sanitarias 061 ao sufrir un golpe na cabeza.

Para velar polo camión para que non virta sustancias peligrosas no embalse desplázaronse ao lugar dos feitos a Garda Civil e Seprona.