O caso do xefe do GES de Muiños está no xulgado de Bande

placido alvarez
O caso do xefe do GES de Muiños está no xulgado de Bande

No momento de que haxa unha resolución xudicial, se fixo algo, que o pague. Eu serei drástico e fulminante, declaracións de Plácido Álvarez ao diario La Región.

A noticia da investigación ao que, ata a data é o xefe do grupo de emerxencias en Muíños, sorprendía ao propio alcalde da localidade, o "popular" Plácido Álvarez. A miña sorpresa é monumental, aínda que os mandos tiveron a deferencia de dicirmo hai uns días e mesmo xa chamarían a declarar aos demais membros do GES, recoñecía Álvarez Dobaño, que expresaba que non podo entender que alguén que se dedica a isto, poida chegar a provocar un incendio.

O máximo mandatario municipal non ten previsto, polo menos de momento, tomar ningunha decisión e só espera que se dite pronto sentencia para aclarar todo este asunto. Están a investigar e, mentres un xuíz non me diga o contrario, non vou cesar a ninguén. Sería tremendamente inxusto, aínda acertando, sinalaba Álvarez apelando á presunción de inocencia, aínda que matizou que no momento de que haxa unha resolución xudicial, se fixo algo, que o pague. Eu serei drástico e fulminante.

A noticia da investigación foi o tema da conversacións onte en Muíños e arredores, onde o investigado é unha persoa coñecida e en cuxa comarca viña exercendo como xefe do GES de Muíños desde finais de 2013.

O caso está no Xulgado de Instrución de Bande.