Controlado o lume na parroquia de Requiás en Muíños que afecta ó Parque Natural do Xurés

requias
Controlado o lume na parroquia de Requiás en Muíños que afecta ó Parque Natural do Xurés

A parroquia de Requiás, no concello de Muíños, está sendo afectada por un lume que deu comezo pasadas as 20h da tarde do luns.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o incendio quedou estabilizado dende as 21.28h do luns. Como consecuencia e ata o momento, queimáronse xa máis de 20 hectáreas do Parque Natural do Xurés.

O lume está controlado dende as 2.30h da mañá pero aínda non se procedeu a súa total extinción.