Muiños solicita a colaboración da Xunta para mellora de varios núcleos

CONSELLEIRA E ALCALDE DE MUIÑOS
Muiños solicita a colaboración da Xunta para mellora de varios núcleos

Plácido Álvarez fíxolle as peticións directamente a conselleira nunha visita ao municipio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Plácido Álvarez, mantiveron unha reunión, na que analizaron as demandas e necesidade desta entidade local.

O rexedor trasladoulle un proxecto para o acondicionamento de varios espazos públicos do concello, que na actualidade presentan deficiencias e irregularidades nos pavimentos; ao tempo que se pretende unificar e adecuar estes espazos coas zonas peonís próximas.

A conselleira indicoulle ao alcalde que remitirá a proposta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo co fin de que a analice e busque o encaixe da mesma nos orzamentos dos que dispón este departamento, así como a vía de colaboración axeitada.