Nivel 2 de alerta pola proximidade do lume ás casas de Requiás en Muíños

lapas
Nivel 2 de alerta pola proximidade do lume ás casas de Requiás en Muíños

A Consellería de Medio Rural decretou o nivel dous de alerta pola proximidade das lapas ás vivendas de Requiás, no concello de Muiños.

O incendio leva calcinadas máis de 150 hectáreas e afecta ó Paque Natural do Xurés. As altas temperaturas e o vento están dificultando as tarefas de extinción. O fume exténdese por toda a comarca e mesmo chega a apreciarse na vila de Xinzo de Limia.

No lugar do lume traballan sen descanso as brigadas xunto con 8 motobombas, 6 helicópteros e 5 avións. Agora o maior risco está en evitar que as lapas se acheguen ata as casas da parroquia de Requiás.