“O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés é un dos orgullos de Galicia"- Ángeles Vázquez

200727 AVM MUÍÑOS 3
“O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés é un dos orgullos de Galicia"- Ángeles Vázquez
Manifestacións na visita da Conselleira de Medio Ambiente a Muiños

Ángeles Vázquez, visitou o concello de Muíños para coñecer o resultado de varias actuacións realizadas o ano pasado no parque Baixa Limia-Serra do Xurés grazas aos fondos mobilizados por parte da Xunta de Galicia.

200727 AVM MUÍÑOS 1

A conselleira tamén se achegou ata os miradoiros de Agrelo e Outeiro de Cela, en Muíños, nos que se realizaron melloras como a instalación dun valado e de paneis informativos, se ampliaron as instalacións para uso público e ata se construíu un novo sendeiro mellorando a ruta a pé de máis de 500 metros que conduce ata o punto de observación localizado en Outeiro de Cela.

“O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés é un dos orgullos de Galicia, un tesouro que nos legaron a natureza e os nosos devanceiros e que agora nos toca coidar a nós”, resumiu a conselleira, que se comprometeu a seguir apostando pola súa promoción e protección con todas as ferramentas ao seu alcance.

200727 AVM MUÍÑOS 2