Acto final de peche do proxecto FunCAP

FunCAP. Peche sesión post comida.
Acto final de peche do proxecto FunCAP
Arredor de medio cento de estudantes de Galicia e Portugal reunironse este martes, 14 de xuño, no Complexo Turístico de O Corgo, en Muiños (Ourense).

Hoxe, no Complexo Turístico de O Corgo, en Muiños, 15 centros de ensino -7 en Galicia e 8 en Portugal- e máis de 500 estudantes participaron activamente nesta novidosa iniciativa financiada polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP). Ademáis, impartíronse dous webinars online, cuns 200 inscritos, no que os expertos analizaron o presente e o futuro das axudas da PAC tanto en Galicia como en Portugal.

Nesta xornada de peche participaron estudantes e profesores de cinco centros de ensino de Portugal (Escola Profissional Agrícola Conde de São Bento, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Vagos, Escola Profissional do Alto Douro e da Escola Profissional ETAP) e doutras cinco escolas galegas (EFA Fonteboa, IES Ortigueira, IES Xelmírez II, CFEA de Sergude e do IES de Arzúa).

Na xornada da mañá, os asistentes participaron nuha sesión de "Os Soutos do Norte", un xogo desenvolvido para este proxecto que ensina como aplicar no día a día dunha gandería ou dunha explotación agrícola os principios da PAC: sustentabilidade mediambiental, produción de alimentos sans e proxectos económicamente viables, na liña do "Pacto Verde Europeo" ou da "Estratexia da Granxa á Mesa".

Despois de xantar, os estudantes, estableceron un diálogo con persoas con experiencia no sector: Beatriz Guimarey, do Service Point da EIP-Agri; Elena Piñeiro, presidenta da Asociación de Asesores Rurais de Galicia; Isabelle Gómez, unha das fundadoras de Traloagro, gandería en ecolóxico que tamén transforma e comercializa a súa produción, e Pedro Rei, presidente da Associação de Jovens Agricultores de Portugal.

Valoración "moi positiva" dos resultados do proxecto FunCAP

O peche institucional correu a cargo de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, quen valorou como "moi positivos" os resultados do proxecto. "Estamos moi satisfeitos porque logramos achegar a Política Agrícola Común à xuventude, especialmente à mocidade que se está formando na rama agrícola e gandeira, de Galicia e Norte de Portugal, onde temos moitos puntos en común tamén no sector primario".