Persoal de Aqua Ourense traballa na depuradora de Muíños tras aparecer cuberta de algas

algas
Persoal de Aqua Ourense traballa na depuradora de Muíños tras aparecer cuberta de algas

A depuradora de Muíños leva un par de días cuberta de algas o que provocou a alarma entre os veciños e veciñas. Dende o Concello manteñen que se trata dun problema puntual e que xa están traballando para que volva ó seu estado normal.

Segundo recolle o xornal La Región, a veciñanza destaca que non é a primeira vez que sucede e apuntan a unha mala xestión das instalacións municipais.

O rexedor de Muíños, Plácido Álvarez, declarou que a avería débese a un aparello que se estragou e que cumpre a función de mover a auga do tanque, o que evita a formación de algas. Así mesmo o alcalde negou calquera problema de contaminación nin problemas co mantemento das instalacións.

Ó longo desta mañá operarios da empresa Aqua Ourense, despazáronse ata o lugar para resolver o incidente e lograr que a Estación Depuradora de Augas Residuais volva ó seu funcionamento normal.

A depuradora de Muíños é unha construción da década dos 90 que dá servizo a unha parte de Mugueimes, o núcleo de Muíños e todo o complexo turístico e deportivo de O Corgo.