lunes. 27.03.2023

Tómase declaración a un veciño de Muíños como presunto autor dun incendio forestal

No incendio resultaron afectadas 0,14 hectáreas
lume 2

O equipo de Rica da garda civil de Celanova tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Muíños de 21 anos como presunto autor dun delito de incendio forestal.

Ocorreu na tarde do 7 de xullo. No incendio resultaron afectadas 0,14 hectáreas. Ademais foi provocado despois de realizar traballos agrícolas cunha segadora.