Vándalos destrozan mobiliario urbano en Muíños por valor de 9.500 euros

muíños
Vándalos destrozan mobiliario urbano en Muíños por valor de 9.500 euros

Destrozaron os cristais de máquinas, farois, edificios públicos e marquesinas.

O Concello de Muíños denunciou ante a Garda Civil danos no mobiliario público e en maquinaria municipal por importe de 9.470 euros. O ente unicipal cursou a denuncia co obxectivo de localizar ao autor –ou autores– para que abone a correspondente factura, máxime cando os danos véñense rexistrando ao longo do últimos tres meses en diferentes puntos xeográficos do municipio.

Os presuntos delincuentes romperon a pedradas marquesinas, cristaleiras, xanelas de vehículos e mesmo farois. Os danos tamén afectaron a un veciño de Porqueirós, dentro do mesmo municipio, ao que lle romperon o cristal de garaxe.

As accións delictivas comezaron o pasado día 16 de outubro na mesma localidade de Muíños, onde romperon os cristais dunha máquina motoniveladora. As desfeitas foron valorados en 1.300 euros. Seis días despois, apareceron tamén rotos os cristais da escola de Taboadela. A partir desta data, as accións repetíronse practicamente todas as semanas, esnaquizando as marquesinas do santuario de Couso, a do propio pobo co mesmo nome, as da Pedreira e Baxés. Tamén causaron desfeitas nos cristais do complexo deportivo do Corgo, farois no Rañadoiro e Porqueirós, no campo de fútbol, na depuradora e noutras tres máquinas. O último ataque rexistrouse o pasado día 10, contra os cristais da escola de Mugueimes.