O vento complica a extinción do incendio declarado na parroquia de Requiás en Muíños

lume
O vento complica a extinción do incendio declarado na parroquia de Requiás en Muíños

As lapas calcinaron 150 hectáreas do Parque Natural do Xurés

O lume non dá tregua e xa van 150 hectáreas calcinadas no Parque Natural de Xurés. O incendio declarouse na tarde do luns na parroquia de Requiás, no concello de Muíños.

A Consellería de Medio Rural daba por controlado o lume ás 2.30h da madrugada. Con todo a media mañá do martes as lapas volveron avivarse e o intenso vento que sopra nestas horas non axuda a apagar o incendio.

Nas labores de extinción participan numerosos medios aéreos e terrestres do Estado, Xunta, GES e brigadas municipais.

A maior parte da superficie afectada é no territorio protexido do Parque Natural do Xurés e unha plantación importante nos montes comunais.

.