A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do saneamento en varios núcleos do concello de Muíños

Carballeira de A Clamadoira-Muiños
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do saneamento en varios núcleos do concello de Muíños
Cunha inversión de 11.000 €

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo de mellora do saneamento en varios núcleos do concello de Muíños.

Este contrato, cun investimento autonómico duns 11.000 euros, foi adxudicados á empresa Ametlam, S.L.

O Concello ourensá solicitou a colaboración técnica de Augas de Galicia, presentando unha memoria valorada que contempla distintas actuacións coa que pretende mellorar as redes de saneamento deste municipio.

Os traballos contratados por Augas de Galicia consisten en definir ata un nivel de proxecto construtivo a execución dun colector desde o núcleo de Muíños que conecte co colector xeral de Mugueimes. Tamén prevé o desenvolvemento de actuacións nos núcleos de Mugueimes e Barrio, e melloras nas estacións depuradoras de Augas residuais de Parque e de Pazos.

Así mesmo contémplase a necesidade de que os veciños que actualmente están conectados a rede de saneamento queden con servicio unha vez rematada a obra, e que se repoñan os servicios afectados e os pavimentos das vías afectadas polas obras.

Para isto está previsto un traballo de análise da problemática a resolver e, para cada caso, a obtención dos datos previos necesarios; para a continuación elaborar a nivel construtivo a alternativa seleccionada.

Trátase de proporcionar á poboación rural deste municipio ourensán os servizos básicos que cubran as súas necesidades, proporcionando benestar e facilitando a implantación de actividades que poidan xerar emprego, ao mesmo tempo que fixar a poboación.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén con estas actuacións o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.