A XUNTA CONSTRUIRÁ UNHA BASE DE UNIDADE OPERATIVA ANTIINCENDIOS EN MUÍÑOS

Presentación do proxecto esta mañá en Muiños
A XUNTA CONSTRUIRÁ UNHA BASE DE UNIDADE OPERATIVA ANTIINCENDIOS EN MUÍÑOS
Solo se usará para a construcción madeiras de piñeiro e castaño.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, asistiu esta tarde á presentación da Base de Unidade Operativa (BUO) que se comezará a construír nesta localidade ourensá no mes de marzo. As futuras instalacións, que suporán un investimento de arredor de 400.000 euros, servirán para acoller persoal e medios do dispositivo de loita contra os incendios forestais da Xunta. Sumaranse ás tamén proxectadas este ano en Rianxo e Mondoñedo.

Presentación do proxecto en Muiños
Presentación do proxecto en Muiños

Neste acto, o conselleiro explicou que a posta en marcha desta base enmárcase dentro dos plans da Consellería do Medio Rural para os puntos de encontro das brigadas de incendios, que se están a reformular e que concentrarán non só estes profesionais, senón tamén outros traballadores do servizo como condutores de motobombas, axentes e outros, pasando a denominarse BUO.

Ademais, José González salientou a utilización de madeira de piñeiro e castiñeiro para fornecer unha edificación que procurará a súa máxima integración no medio e que terá como elementos fundamentais materiais ecolóxicos e reciclables, de forma que se tratará dunhas instalacións bioclimáticas coa máxima certificación enerxética.

Así, o proxecto desenvolverase nunha parcela de preto de 46.000 metros cadrados, sendo a superficie construída de algo máis de 223 metros cadrados, en planta baixa. Amais, todos os elementos estruturais proxectados foron desenvolvidos por empresas e universidades galegas e a produción realizarase con madeiras locais, baixo a filosofía de quilómetro cero.

Vestiarios e outros servizos

As instalacións contarán con vestiarios e duchas, zona de cociña, comedor, elementos de descanso e un pequeno despacho. Disporán tamén dunha área exterior cuberta de aparcadoiro para vehículos. Neste sentido, a futura base actuará como un contedor de servizos de protección forestal, que poderá funcionar como nodo de todos os actores participantes neste labor, favorecendo a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes, sen esquecer a súa integración na contorna.