A Deputación destina 200.000 euros en axudas para os Consellos Reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas

Montserrat Lama
A Deputación destina 200.000 euros en axudas para os Consellos Reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas

Tamén de aprobou a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá a resolución do concurso para a concesión de axudas aos Consellos Reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas destinadas a accións de promoción e xestión durante o ano 2018. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de marzo de 2018.

En total, a Xunta de Goberno destina 200.000 euros en axudas para os catro consellos reguladores da provincia, de tal modo, que concede 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe de Monterrei; 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe de Valdeorras; 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe do Ribeiro; e 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe da Ribeira Sacra.

No apartado de cooperación cos concellos, na xuntanza aprobouse a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños, cun orzamento de 161.903 euros e 60.872 euros, respectivamente, que serán financiados ao 75% polo Programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, con cargo ao proxecto "Raia Termal".

Tamén de aprobou a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños.

Tamén se aprobou na reunión a expropiación forzosa para a execución da obra "acondicionamento e mellora na OU-0861", no municipio do Bolo, así como autorizar ao Concello de Ramirás, o alleamento do tractor adquirido para labores de limpeza e xestión de biomasa coa axuda de 20.000 euros concedida pola Xunta de Goberno do 17 de abril de 2015.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 6.000 euros para a Agrupación Coral de Ruada para gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2018.