30 horas para o acendido do alumeado en Xinzo

20221201_104229
30 horas para o acendido do alumeado en Xinzo

Hoxe comezaron os traballos de decoración na praza Maior

Pouco máis de 24 faltan para que Xinzo se vista de Nadal. Esta mañá comezaban os traballos de colocación da árbore na praza Maior para continuar coa colocación dos demais elementos decorativos de Nadal.

20221201_104213(1)
Concelleiro e membros da brigada

Elvira Lama confirmou que mañá a noite encenderánse as luces do decorado así como estarán xa nos lugares escollidos os elementos decorativos.

Novidades para este ano

O concelleiro Rafa Penabad e Elvira Lama anunciaron algunha novidade para este ano, pero que non se podía adiantar.

CAMPAÑA DO COMERCIO

Faio dous días que se presentou a campaña do comercio que inclúe como acto estrela a posibilidade de subir nun globo aerostático para contemplar Xinzo dende o alto.

Tamén o día 26b de decembro haberá unha chocolatada para todos os v3eciños e veciñas que conten con vales que repartiran os establecementos adheridos a campaña este ano.