50 ANIVERSARIO DA IGREXA DE STA. MARIÑA

11884053_1142889842406019_427562997726713611_o
50 ANIVERSARIO DA IGREXA DE STA. MARIÑA

Mañá 29 de Agosto a igrexa \“nova\” de Xinzo cumpre 50 anos

Mañá 29 de Agosto a igrexa \“nova\” de Xinzo cumpre 50 anos

Segundo nos conta D. Jaime Collazo, coajutor da parroquia de Xinzo o daquelas bispo da dioceses de Ourense Monseñor Temiño oficiou a misa de consagración do templo de Xinzo no ano 1965.

CASE 60 ANOS PARADA

D.JaimeA igrexa \“nova\” non sería tan nova se se continuase coa construción comezada no ano 1908. Daquela com vendéronseoa igrexa \“vella\”, quedábase pequena venderonse uns terreos do diestro, e con aqueles cartos comezouse a construción da nova que durou mentres duraron os cartos.

No ano 1960, retomouse a construción da mesma co impulso de D. Benigno Moure, sendo párroco Cesáreo Sobrado.

Segundo nos conta D.Jaime, daquela fixéronse uns recibos de cota para os veciños, e ademais outros colaboraron coa man de obra.

Nesta segunda fase o arquitecto Manuel Conde, fixo uns novos planos, e ampliáronse os primeiros coas dúas naves laterais. Non se teñen datos do custe final da obra.

Posteriormente sustituironse as ventas, polas vidreiras e cerrouse a parte de atrás. Estas obras de construción e remate duraron 5 anos.

ACTOS CONMEMORATIVOS

O acto principal de conmemoración terá lugar o sábado 29 as 20 horas coa presenza do bispo de Ourense Monseñor Leonardo Lemos que presidirá a misa solemne cooficiada por varios dos curas que pasaron por esta parroquia o longo destes 50 anos. O Bispo será recibido tal e como se fixera no día da consagración. Asistiran os grupos de confrades e adoración nocturna e o Coro parroquial.

Entre os moitos ferigreses da parroquia asistirán o contratista da obra Celso Moreiras e tamén Milagros Portela, que foi a primeira voda que se celebro una igrexa.

CELEBRACIÓN VECIÑAL

Unha vez rematados os actos relixiosos no campo da reitoral os asistentes serán obsequiados con un ágape.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Durante este ano de celebración faranse distintos actos. O primeiro que está previsto, será unha exposición con fotos dende a primeira edificación, da segunda e definitiva fase, así como cerimonias especiais que se foron celebrando o longo dos 50 anos de existencia.

Tanto D. Tomás como D. Jaime fan unha invitación xeral a todos os veciños de Xinzo e dos pobos para que asistan a misa de celebración e o ágape posterior.