6º ETAPA E FINAL DO CAMIÑO

O alumnado fronte a Catedral de Santiago.
6º ETAPA E FINAL DO CAMIÑO

O alumnado de 6º de infantil e 5º de primaria do CEIP Carlos Casares rematou “O CAMIÑO”

Onte foi o día en que o alumnado que comezara a primeira etapa do camiño dende Xinzo ata Sandiás ala polo outono, rematou o percorrido, que non solo os levou ata Santiago, se non que achegáronse ata o “fin do mundo antigo” Fisterra.

SONIA, ROSA, MANOLI, SANDRA, CHUS, ROCHI, ROBERTO, e unha tal ELVIRA

Nesta última etapa uníronse os grupos de 6º de infantil e 5º de primaria para chegar ao obradoiro xuntos.

A entrada, foi o máis emocionante do camiño, conta unha profesora. Todas as etapas foron moi bonitas, pero a emoción que sentimos todos, profesorado e alumnado cando chegamos ao Obradoiro, é algo inesquecible.

A mesma profesora quere agradecer a Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo o apoio, non solo económico por parte do Concello, que correu cos gastos de transporte, se non coa implicación persoal, en todo momento como unha profe máis, a hora de atender calquera demanda ou necesidade dalgún cativo, como se refire a profe, “a pe de pista”.

Así mesmo solicitou a colaboración do concello de Dumbría que cedeu as instalacións deportivas para facer unha comida conxunta.

Pero desta vez o final do camiño non foi Santiago, se non que toda a expedición rematou o camiño achegándose ata Fisterra.