758.602,19€ , E 15 DIAS , TEÑEN A CULPA

IMG_2885
758.602,19€ , E 15 DIAS , TEÑEN A CULPA

Este é o prezo de saída da subasta pública que o concello saca a subasta, o mellor postor, cuxo prazo...

Este é o prezo de saída da subasta pública que o concello saca a subasta, o mellor postor, cuxo prazo remata en 15 días

DOG. 12.08.2014 ANUNCIO de licitación para compravenda da parcela número 307 da CP de Xinzo de Limia. Superficie catastral: 72.655,5 m2. Parcela nº 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no sitio de Veiga, propiedade deste concello, con destino a solo industrial. Con estes datos básicos, por segunda vez este ano, sae a subasta pública a parcela que nun principio ía a ser lugar de instalación da tan cacareada fábrica da carne de CICAT, do grupo ICG. Recordar que esta fábrica foi presentada en época da última etapa da alcaldía do Sr. Vila, con bombo e platillo, coa presenza do presidente da Deputación, casualmente meses antes das eleccións municipais. Xa naquel momento xurxiron voces discrepantes sobre a empresa, instalación e demais pormenores. Ata este momento ocorriron outros moitos acontecementos, que non levaron a bo camiño esta instalación. O último e definitivo foi que na anterior subasta, despois de chegar a un acordo co prezo, a oferta da empresa, ICG, foi menos da metade do prezo de saída, cando isto todo o mundo sabe, e eles tamén, invalidan a subasta e queda deserta. Parece ser que nesta ocasión, o alcalde ten “esperanza” e case certeza de que a parcela non vai a quedar deserta e algunha empresa se fará cos terreos para montar unha industria, que dende logo traerá postos de traballo directos e indirectos a Xinzo, que voa falta fan. Todo o mundo está agora a espera de pasa coa oferta da cárnica famosa..