“9 ondas”candidata a mellor película nos Mestre Mateo

Simone Saibene (dereita) co protagonista do filme, o actor Dario Merlini. 9ONDAS
“9 ondas”candidata a mellor película nos Mestre Mateo
Xinzo e outros puntos das comarcas do Limia foron escenario do filme de Simone Saibene REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A primeira largometraxe do italo-galego...

Xinzo e outros puntos das comarcas do Limia foron escenario do filme de Simone Saibene

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A primeira largometraxe do italo-galego Simone Saibene foi nominada onte aos premios dos¡ audiovisual galego Mestre Mateo, como mellor película. Luis Tosar e Sabela Arán eran os encargados de dar a coñecer a lista de candidatos, entre os que tamén están El árbol magnético, Somos gente honrada e Inevitable.

O argumento deste filme comeza nalgún punto da fronteira entre Galicia e Portugal. O protagonista é unha sorte de Odiseo contemporáneo que, en lugar de atravesar a aventura máis épica da Historia, enfróntase a unha forma de épica do cotián, a unha viaxe na busca da súa propia memoria e identidade. A película, producida coa fórmula do crowdfunding e gravada enteiramente nas provincias de Ourense e Pontevedra, entre outros con escenarios nas comarcas da Limia e a Baixa Limia, está actualmente en fase de distribución.

O director e autor do guión, Simone Saibene asegurou ao saber da nominación, que está moi contento de que se producise, pois “é unha película feita con moito cariño e traballo e cun orzamento que non supera os 27.000 euros”. Ademais, recordou que Galicia é a súa “terra de elección” polo que “participar nos Mestre Mateo, é algo que me enche de ilusión”.