A CAUSA DOS CORTES DE AUGA

279
A CAUSA DOS CORTES DE AUGA

Hoxe na rolda de prensa co alcalde, aclarounos o sucedido nestes días cas averías no suministro de auga, comentándonos que as principais rúas afectadas foron as da Avenida de Madrid, Avenida de Ourense, Calle Curros Enríquez, Calle Cerdeiro e a Dous de maio.

A causa dos problemas no suministro era unha avería na bálbula de presión, que provocou que houbese reventóns, motivo polo cal a empresa de VIAQUA tivo que efectuar o peche xeral e poder reparar os problemas de suministro traballando durante toda a noite. O Corte durou dende as 00:00h ata as 07:00h da maña, cando se restableceu o servizo.

Tamén nos comentou que tras o aviso de que algúns farois non funcionaban ou funcionaban mal, a Concellería de Urbanismo, xunto coa empresa encargada do mantemento das luminarias, están a realizar estudos sobre a causa que provoca o seu mal funcionamento, pero algunhas están estragadas por mor de actos de vandalismo e outras por causas descoñecidas. O Concello comprometeuse a reparar todos os farois.