Aberto prazo de matrícula para o vindeiro curso no Conservatorio de Xinzo

IMG-20170619-WA0010
Aberto prazo de matrícula para o vindeiro curso no Conservatorio de Xinzo

Xa está aberto o prazo de matrícula e de prematrícula para a formación musical regrada no vindeiro curso 2017-2018.

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia vén de anunciar a aprtura de prazo de prematrícula e matricula para o vindeiro curso académico. Os futuros músicos limiáns poderanse formar na única institución de Xinzo de Limia que imparte formación regrada neste ámbito artístico.

Para se matricular en primeiro curso de Grao Elemental é preciso ter máis de 8 anos.

Organizan tamén un curso de iniciación musical para os principiantes de 6 e 7 anos. Para se matricular en primeiro curso de Grao Elemental é preciso ter máis de 8 anos e menos de 14. En Xinzo pódense estudar as especialidades de piano, violín, viola, guitarra, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, saxofón, frauta traveseira e clarinete.

IMG_20170620_161247

O prazo permanecerá aberto até o día 28 deste mes de xuño.