Aberto o prazo de Pre-Matricula no CMUS de Xinzo

104
Aberto o prazo de Pre-Matricula no CMUS de Xinzo
Do 6 ao 14 de setembro

O pasado 1 de Setembro o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia abría as portas para dar a benvida a un novo curso. Nestes días estanse desenrolando os exames da convocatoria extraordinaria de setembro e dende este venres ábrese o prazo de prematrícula para aquelas persoas que desexen tocar un instrumento.

103

O centro educativo estará aberto ó público de luns a venres de 15:30 a 20:30h. e poderán solicitar información nos teléfonos 600435655 ou 698137492, no correo cmus.profesional.xinzo@edu.xunta.es ou seguindo as redes de Facebook @cmus.xinzodelimia e Twiter @CMUSxinzolimia Dende a dirección e o claustro de profesores do centro estase a traballar para que o curso que está a piques de comezar se poidan alcanzar os obxectivos musicais e académicos seguindo todas as medidas de seguridade para que o vindeiro curso se desenrole con éxito como xa aconteceu o curso pasado.