Abre o prazo para solictiar permisos de queima agrícola e forestal na Limia

queima
Abre o prazo para solictiar permisos de queima agrícola e forestal na Limia

Os permisos para relizar queimas de tipo agrícola ou forestal xa se poden solicitar dende este venres. A decisión tomouse grazas as choivas que caeron nestes días coas que se reduciu o risco de incendio forestal.

A autorización pode solicitarse no teléfono 012, o centro de atención ós cidadáns da Xunta de Galicia, e hai que facelo cun mínimo de dous días de antelación. A partir deste domingo 16 de outubro xa poden dar comezo as queimas que deben iniciarse ante de saír o sol e quedar totalmente extinguidas dúas horas antes da súa posta.

Medio Rural tamén advirte que antes de prender o lume cómpre eliminar de maneira manual ou mecánica, a totalidade de material combustible nunha franxa de canda menos 5 metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

Moita atención ó vento sobre todo nesta fin de semana pois se iniciada a queima as condicións meteorolóxicas poden dificultar o seu control débese apagar . As persoas que vaian prender o lume non poden abandonar a zona ata que se apague por completo.

Dende a Xunta lembran que a comunicación da queima non exime das responsabilidades por danos e perdas no caso de producirse un incendio forestal por neglixencia ou imprudencia.