Acabou a liga regular na 2ª Rexional

Acabou a liga regular
Acabou a liga regular na 2ª Rexional
Contámosvos  hoxe  o resumo da derradeira xornada da segunda rexional ourensán con boas e malas noticias: Comezamos co campión de liga...

Contámosvos  hoxe  o resumo da derradeira xornada da segunda rexional ourensán con boas e malas noticias:

Comezamos co campión de liga o Boado que gañou a un difícil e reforzado Soutoponedo que ven de fichar a un par de xogadores de renombre para intentar gañar a copa deputación.Partido trabado e con moitos fallos debidos a que  todo xa estaba decidido na liga . No segundo tempo marcou Diego cun bo tiro escorado pola banda.Logo oportunidades claras para ambolosdous  equipos.

O Antela tiña unha difícil saída a Paderne pero xa co obxectivo cumprido do ascenso.Xogou con tres xuvenís e os menos habituais para dar descanso a xogadores para a copa.Caeu por un claro  3-0 , e menos mal que tiñan os deberes feitos.

Por abaixo o Cualedro gañou pero non deu saído da terceira rexional debido os arrastres que se fan tan famosos a final de tempada e que se debería ollar  porque este equipo por exemplo,  non ten culpa de que baixe o Verín ou Arenteiro e arrastren ata eles a 3º.

O Porqueira despedíase da segunda rexional cunha boa victoria ante todo un Maceda que o final se descolga de arriba e queda na zona media alta da tábula.

O Piñeira subiuse a tempo o tren da segunda rexional e salvouse cunha gran vitoria ante o Sande que xa tiña os deberes feitos e xa pensa na tempada  que ven con algunha fichaxe que se anunciará nesta revista en breves.

Chegaron a redacción desta revista a noticia da desaparición do Porqueira de fútbol. Dende aquí agradecer os anos de esforzo dedicados alí a Marcos(Antelco),Merello,Marcos Dacosta,Toñin etc. Gracias a todos e esperemos que o final non deixe de ser un simple rumor.

Nas vindeiras semanas seguiremos informando das  altas e baixas dos equipos da Limia e todas as noticias do deporte en xeral da Limia.