Tras seis meses de traballo, hoxe, finalizaron as obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugadoiro do Río Limia. O resultado foi supervisado esta maña por Santiago Villanueva (delegado do Goberno en Galicia), Francisco Marín (presidente da Confederación Hodrográfica do Miño-Sil), Antonio Pérez (alcalde de Xinzo), Manuel Baltar (presidente da Deputación Provincial) entre outras autoridades.
As obras iniciáronse coa demolición da pasarela peonil que da acceso ás piscinas municipais posto que se atopa en mal estado e podía supor un perigo para os viandantes. A nova construción conta con 2,5 metros de ancho e 45 metros de lonxitude.
A continuación, tocoulle ao ponte do Bouzo onde a súa ampliación chegou aos seis metros permitindo o paso simultáneo de dou vehículos e a construción de dúas beirarrúas peonís laterais (1,25 metros de ancho).
Para poder levar a cabos as mencionados proxectos, tiveron que levarse a cabo traballos de restauración e mellora das condicións hidráulicas da canle. Dito doutra forma, eliminar as especies que están en mal estado e as invasoras.
Este proxecto ten como obxectivo evitar as inundacións do tramo urbano do Río Limia. Para conseguilo queren empregar a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural. O presuposto desta obra foi financiado nun 80% a través de Fondos Europeos e o 20% restante polo Ministerio. A inversión total foi de máis de 670.500 euros.