ACCIDENTE SEN FERIDOS
00:01 10/06/15
00:01 10/06/15
No lugar onde se comezou a construír a rotonda do Polígono
Unha furgoneta tivo un accidente na tarde de hoxe martes na estrada que sae da autovía en dirección a Xinzo.
Xusto na barreira que puxeron para reducir a velocidade ó comezo das obras da rotonda do polígono industrial, a furgoneta que se ve na fotografía provocou un accidente por alcance a outro vehículo que o precedía.
No accidente non houbo que lamentar ningunha vítima por parte dos condutores dos dous vehículos, nin de ningún operario que nesas horas levaban a cabo traballos para a citada rotonda. Iso si o tráfico estivo varias horas con retencións ata que a grúa recolleu a furgoneta sinistrada.