Achegados de Nicole difunden unha foto do seu aspecto actual para axudar coa busca
15:16 23/12/15
15:16 23/12/15
A moza leva desaparecida dende o venres
Sen rastro de Nicole Rodríguez dende a tarde do venres. A súa familia e achegados difunden unha fotografía do seu aspecto actual para axudar coa busca. As investigacións diríxense agora cara Portugal, tras coñecerse a nova de que a rapaza montou nun taxi xunto con dous mozos e viaxaron cara un pobo na fronteira do país luso. Alí, segundo fontes da familia da moza, montarían nun BMW de cor vermella. Entre tanto, a familia e coñecidos levan a cabo unha intensiva campaña polas redes sociais pedindo a colaboración de calquera que poida aportar algún dato. A Garda Civil prosigue coa busca pero aínda non se deu co seu paradoiro.