O ESTADO DOS CANAIS E RÍOS, XUNTO COS TEMPORAIS DE INVERNO, MERMAN A COLLEITA DE CEREAL DE CICLO LONGO
ADEGAL estima a colleita de cereal de ciclo longo na Limia prácticamente concluida e con unha estimación dunha gran baixa da da producción de kg de gran. A esta campaña, caracterizada polos distintos temporais acaecidos no inverno na Limia, hai que sumar a precariedade do estado dos canais e ríos, responsables da evacuación e drenaxe das augas acumuladas nas parcelas. O seu estado de abandono dificultou a súa función natural, o que provocou o asolagamento dos cultivos alongando no tempo o encharcamento dos mesmos, levándoo á morte nalgúns casos e debilitándoo no mellor deles. A Administración non respondeu con ningún tipo de axuda directa ante esta problemática, ademáis de que, de seguir os ríos e canais no mesmo estado de abandono, esta situación pódese repetir en vindeiros anos, polo que se deben facer cargo do mantemento do dominio público hidráulico. Non obstante, a necesidade de reparación e mantemento das infraestructuras básicas é de urxencia e importancia vital para os productores que dende esta Asociación se representan.