ADEGAL DENUNCIA AS CONSECUENACIAS DA APLICACIÓN DO PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000 NA LIMIA QUE VETA O CAMBIO DE USO DO SOLO

images
ADEGAL DENUNCIA AS CONSECUENACIAS DA APLICACIÓN DO PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000 NA LIMIA QUE VETA O CAMBIO DE USO DO SOLO

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, ante a defensa dos colectivos representados, denuncia os perxuicios causados pola...

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, ante a defensa dos colectivos representados, denuncia os perxuicios causados pola aplicación do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia

As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, así coma os particulares, nunha zona con alto valor agrario, na que cada día se demanda máis superficie para o cultivo, a Administración estalles a denegar o cambio de actividade forestal a agrícola, imposibilitando día a día o normal funcionamento das explotacións agrícolas e gandeiras, sendo un veto ó sector primario. As explotacións existentes e o aumento de superficies cultivables en terras ermas, supoñen unha posta en valor e contribúen de maneira moi positiva ó mantemento da superficie agraria útil, a que o grado de abandono da terra diminúa, fixando poboación no rural e diminuindo por tanto tamén o risco de incendios forestais, sen olvidar que estas actividades repercuten nos índices económicos da comarca, que son o sustento de moitas familias. Esta Asociación está a loitar por unha solución a esta grave problemática de fondo, a superprotección dos espacios naturais, que supón un veto para a actividade agraria, creándose unha inseguridade xurídica ante os criterios seguidos para a denegación dun arrotamento de terreos forestais, cando consideramos as actividades agrarias compatibles e en convivencia cos valores naturais.