Adegal en pé de guerra contra os efectos negativos dos espazos protexidos na agricultura

Adegal
Adegal en pé de guerra contra os efectos negativos dos espazos protexidos na agricultura
Representantes desta asociación reuníronse o xoves cos consellerios de Medio Ambiente e Medio Rural para trasladarlles as súas preocupacións REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia  Os...

Representantes desta asociación reuníronse o xoves cos consellerios de Medio Ambiente e Medio Rural para trasladarlles as súas preocupacións

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia 

Os agricultores limiaos están preocupados. Non soamente se perdeu “a totalidade do cereal do ciclo longo” aseguran, senón que o mal tempo destas últimas semanas tamén retrasará a sementeira do de ciclo corto e da pataca. E parece que a can fraco todo lle son pulgas. Pois  os espazos protexidos existentes na comarca da Limia non está axudando tampouco a que este castigado sector levante cabeza. Todos estes temas foron a orde do día na reunión que Adegal, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia tivo o xoves en Santiago cos conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, Agustín Fernández e Rosa Quintana.

Ademais de solicitarlle ao goberno da Xunta axudas para compensar a desfeita que os temporais provocaron nos campos da Limia, Adegal encargouse de trasladarlle tamén unha inquietude que ven roldando as mentes dos que se dedican ao sector primario na comarca. Trátase do conflito de intereses entre as explotacións agropecuarias e os espazos medioambientais protexidos do LIC (Lugar de Interese Comunitario) Veiga de Ponteliñares e a Zepa (Zona Especial de Protección de Aves) A Limia. Desde Adegal denuncian a apertura de “expedientes sancionadores contra agricultores e gandeiros así coma a denegación de licencias para uso do solo”. Falan de que “a non permisividade de facer un cambio de uso do solo limita gravemente o aumento das zonas comunais que aínda están sen explotar e que teñen clara vocación agraria”.

Outra das normativas de carácter ambiental que está a pexar o desenvolvemento da agricultura e gandería limiás e a obrigatoriedade de someterse a un Estudo de Impacto Ambiental cada vez que se desexa iniciar calquera actividade. Non polo estudo en si mesmo, senón porque a burocracia é tan lenta que pode dilatar o proceso ata en 18 meses. Un claro exemplo de como estes retrasos afectan á comarca é a situación dos canais de drenaxe. Proceder á súa limpeza foi imposible debido a que están sometido á tramitación destes permisos “o que axudou a xerar a situación tan dramática que sofre a comarca cos asolagamentos, que danan non só os cultivos, se non tamén as infraestruturas”, afirman desde Adegal.