ADEGAL RECÓRDALLE A XUNTA AS SÚAS PETICIÓNS

431_562969663754673_438122104_n
ADEGAL RECÓRDALLE A XUNTA AS SÚAS PETICIÓNS

Fai máis xa de un ano que dende ADEGAL solicitamos que se procedera á consideración da comarca da Limia e...

Fai máis xa de un ano que dende ADEGAL solicitamos que se procedera á consideración da comarca da Limia e do municipio de Xunqueira de Ambía como zonas de actuación agraria prioritaria

1.- que consideramos que estamos ante una comarca cun aproveitamento agrario e do chan moi superior ó do resto de Galicia, que ten unha repercusión da actividade agraria nos índices económicos da zona moi alta nas unidades de traballo ó ano así como no porcentaxe de afiliados á agricultura, que tres IXPS teñen a súa base de producción na comarca e que boa parte do grupo COREN se atopa nesta zona asentado. 2.- que a cantidade de terra con valor productivo (máis de 16.000 Has) é moi elevado, que as necesidades de terra agraria das explotacións é real segundo indica a actividade do banco de terras e na gran actividade de compra-venta e alquiler de terra e, que o número de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais é moi elevado xenerando una importante actividade industrial, loxística e de servizos. 3.- que existe risco de incendios forestais, agravados por un elevado grado de despoboación. Entendemos que sería un marco legal no que amparase, outorgando seguridade ás actividades agrícola se gandeiras que son o motor económico da Limia, ofrecendo unha blindaxe ante as constantes amenazas que o sector primario leva sufrindo nos últimos tempos, favorecendo o impulso e do sector primario. A Consellería do Medio Rural debe axilizar os trámites de natureza administrativa para a consideración da Limia como a primeira ZONA DE ACTUACIÓN AGRARIA PRIORITARIA.