ADEGAL VOLVE A RECLAMAR INVERSIÓNS NOS REGADÍOS

28_01p
ADEGAL VOLVE A RECLAMAR INVERSIÓNS NOS REGADÍOS

ADEGAL reclama á Consellería do Medio Rural as inversións nas infraestructuras dos regadíos pendentes de levar a cabo, declaradas de...

ADEGAL reclama á Consellería do Medio Rural as inversións nas infraestructuras dos regadíos pendentes de levar a cabo, declaradas de interés xeral e solicitadas en numerosas ocasións

As Comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo, legalmente constituídas e coa concesión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, están á espera de que a Administración se postule para facer realidade o que tanto tempo se leva reclamando, os regadíos na Limia. Pendentes tamén están os plans de regadío das comunidades de Trasmiras, Sarreaus, Val de Ouro e Fontoiro, que completan a rede de regadíos na comarca limiá. Dende este colectivo, os plans de regadíos están dentro da nosa filosofía e liña de traballo dende os nosos primeiros pasos, considerándoos de vital importancia e como futuro para o sector primario, na comarca agraria máis importante de Galicia, a Limia, pola cal se debe apostar contando co gran potencial económico e social que posee. Actualmente, o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia está a trabar estes plans pola obrigatoriedade do sometemento ó estudio de impacto ambiental, que dilata no tempo os trámites burocráticos, que xunto coa falta de empuxe e inversión da Consellería do Medio Rural, están imposibilitando o desenvolvemento e modernización das superficies cultivables, sendo para a agricultura un dos pilares básicos, a dispoñibilidade de auga, completando adecuadamente o ciclo dos cultivos e sumando calidade.