Os adultos tamén teñen actividades en Limialandia

limialandia
Os adultos tamén teñen actividades en Limialandia

O parque de atraccións abre o vindeiro martes

Limialandia presentouse de maneira oficial e comezarase coa sua montaxe os vindeiros días. Como xa anunciamos, os máis pequenos poderán gozar de actividades como maquillaxe, globoflexia, videoxogos, pista de minigolf, pista de coches teledirixidos ou exhibicións das escolas de baile da vila e de deportes como karate ou kick boxing. Nos arredores do pavillón instalaranse grandes atraccións como o coñecido "tren da bruxa".

Para que os adultos que acompañen ós cativos pasen un rato agradable, hai actividades pensadas tamén para eles como futbolín, pin pon, coches de choque, maquillaxe, deportes varios e unha longa lista de propostas.

Os organizadores levaban tempo pensando neste proxecto para ofrecerlle ós nenos e nenas da Limia unha oferta de ocio para Nadal sen ter que desprazarse ata Ourense. O parque de atraccións estará aberto do 22 de decembro ó 3 de xaneiro. As entradas custan 5 euros pero están traballando na posibilidade de ofertar abonos para as familias.

O concello e a organización están negociando que a cabalgata de Reis remata en Limialandia na que sería unha xornada de portas abertas para todos os rapaces e rapazas, e unha opción para abrir dous días máis o parque.